Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

mércores, 13 de novembro de 2013

A vaquiña Marela

Título
A vaquiña Marela
Autor/a
Canción Popular.
Intérprete/s

Etiqueta
Animais, popular, galego.
Letra

Eu teño unha vaca marela
que é o demo a condenada,
presume de vaca moderna
e non quere traballar.
(bis)
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)
Puxo a permanente no rabo
e deulle esmalte aos cornos,
ela dí que quere mercar
unhas medias de cristal.
(bis)
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)
Nin dá leite nin dá nada
dá patadas á canada,
a herba xa non lle vai
quere palla integral.
(bis)
Ela canta, con acento
de mulata brasileira,
hai que vela, como move,
as cadeiras ao andar.
(bis)
Máis fontes (opcional)

Observacións
Esta canción conta a historia dunha vaca un pouco diferente, que non quere ser convencional e rebélase para poder facer as cousas que máis lle gustan.
Engadido por
Cristina Gontán Lodeiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario