Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 11 de novembro de 2013

CHOCOLATA


Título: Chocolata
Autor/a: Música: Almudena Janeiro.
Etiqueta: animais
Letra: Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.


Eran as cinco da tarde,
hora na que Chocolata se ía bañar
mergullo de barro e auga
Teófilo escoita unha noticia singular
a casa de baños agarda
a hipo a quere probar
a cidade chega andando
pero un traxe hay que mercar


Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.


proba calzons e pixamas
saias de volantes e camisas de percal,
sandalias e botas de punta,
e uns tenis con luciñas
que se acenden ao andar.
despois de comprar tiña fame
buscou un menu vexetal
herba da sabana en salsa
e auga disque "natural".


Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.


Eran as cinco da tarde,
a bañeira é moi pequena
e o bikini prenatal.
aínda lle falta unha cousa
un conto que a Teófilo lle quere regalar
e vai descansar nunha cama
deitada empeza a soñar
coa selva e a lagoa
un soño espectacular.


Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.


Eran as cinco da tarde,
Teófilo escoita un rebumbio familiar
parece que hay luz no camiño
era Chocolata que acababa de chegar
e cóntalles mil peripecias
con mil gargalladas detrás
e refréganse no barro
o mellor baño mundial!


Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Cocholata, Cocholata, Cocholata, Cocho-Cocholá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Máis fontes (opcional)  
Observacións: A autora creou a canción a partir do conto "Chocolata", editado por OQO. Autoras: Marisa Núñez & Helga Bansch (ilustradora)
ISBN:.9788496573949. 2006. Enderezo web: http://www.oqo.es/editora/es/content/chocolata
Engadido por: Shakty Lucía Sanmartín Sanmartín

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario