Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

sábado, 9 de novembro de 2013

"Na casa da miña avoa"


Título:
Na casa da miña avoa
Autor/a:
Música: mamá cabra. Letra: Gloria M. Roel
Cortizas, A., García, A., Sánchez, G., Roel, G.M. (2011) Xa me tardan estes magos [Libro y CD] Vigo:Galaxia.
Intérprete: Mamá Cabra
Etiqueta:
Familia, Navidad, Animales
Letra:
Na casa da miña avoa
celebramos o Nadal,
ceando todos xuntiños
netos, sobriños e irmáns.

E cando chegan as doce
a miña avoa dorme xa,
e os ratiños connosco
saen todos a bailar.

A canción repítese tódalas veces que queiramos, e de cada vez imos engadindo
 un animal distinto: michiños, canciños, vaquiñas…
Observacións:
A grupo musical creou a canción a partir do poema de Gloria M. Roel, que é compoñente do mesmo.
Colección” Sonárbore” ISBN: 978-84-9865-390-8 decembro 2011. Enderezo web: http://www.editorialgalaxia.es/catalogo/libro.php?id_libro=0011250002
Engadido por:
Laura Quintáns Suárez


Ningún comentario:

Publicar un comentario