Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 11 de novembro de 2013

Corre corre, cabaciña


Título:
Corre corre, cabaciña.
Autor/a:
Canción popular.
Etiqueta:
Samaín, animais.













Letra:

Era unha velliña que foi convidada a voda dunha neta, xa estou preparada e topou cun lobo, quérote papar non me comas lobo teño que engordar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

O lobo que bobo dixo aquí te espero e a velliña andou andou andou polo carreiro e topou cun oso, quérote papar, non me comas oso, teño que engordar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

O oso orgulloso dixo aquí te espero e a velliña andou andou andou polo carreiro e topou cun león, quérote papar, non me comas non, teño que engordar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

O león lambón dixo aquí te espero e a velliña andou e andou cedo polo carreiro o día seguinte voda e xantar a festa rachada vai comezar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

A noiva que lista foi correndo a horta e a cabaza grande abriulle unha porta, a avoa que lista votouse a rodar e os tres famentos conseguiu burlar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón.
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.
Máis fontes (opcional)
http://www.youtube.com/watch?v=zGMzrIjixUE
Observacións:
A autora creou a canción a partir do conto “Corre corre, cabaciña”, editado por OQO. Autores:
Eva Mejuto & André Letria ISBN: 84-96573-65-6. setembro 2006. Enderezo web: http://www.oqo.es/editora/es/node/75
Engadido por:
Verónica Ronquete Rodríguez



Ningún comentario:

Publicar un comentario