Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

mércores, 13 de novembro de 2013

Imos contar un conto



Título
“Imos contar un conto”
Autor/a
Pablo Díaz, 2009. Editorial Kalandraka
Intérprete/s
Pablo Díaz
Etiqueta
contos
Letra
Pois imos contar un conto,
Un conto moi especial.
Non sabemos de que trata
Mais pronto se saberá.

Ao mellor é de lobos
Ou tamén doutro animal.
Pode ser de sereas
Ou tamén dun paspallás.
[Retrouso]
Teremos ollos abertos,
O cu pegado no chan.
Coas orellas escoitando,
Axiña imos comezar.
[Retrouso]

Estaremos moi atentos
Para poder imaxinar
O son que fan os paxaros,
Tamén as ondas do mar.
[Retrouso]
E se gusta moito o conto,
Poderíamos contar
Un segundo e un terceiro
O cuarto para rematar.

Pois imos contar un conto,
Un conto moi especial.
Non sabemos de que trata
Mais pronto se saberá



Máis fontes (opcional)


Observacións
 Escollín esta canción pola miña esperiencia nas prácticas escolares que fixen no colexio de Lalín. Gustoume moitísimo tanto a letra como a maneria de traballala na clase. Os pequenos disfrutaban moito con esta canción cantándoa e bailándoa como mostra o video que subo a continuación.
Engadido por
Marta González Camba





Ningún comentario:

Publicar un comentario