Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

martes, 12 de novembro de 2013

O Polo Pepe

Título
O Polo Pepe
Autor/a
Música e letra: Susana Herrera
Herrera, S; Mamá Cabra (2006). Cartas que veñen e van. A Coruña: Primerapersona
Intérprete/s

Etiqueta
Animales, valores, actitudes,
Letra
Estrofa 1
O polo Pepe come moita cebada,
Por iso a barriga ten tan inchada.
Retrouso
Polo Pepe non comas tanto,
Que te pos moi maliño
E non dás un salto.
Estrofa 2
O polo Pepe come o trigo enteiro,
E trágao a puñados co seu peteiro.
Retrouso
Polo Pepe non comas tanto,
Que te pos moi maliño
E non dás un salto.
Estrofa 3
O polo Pepe come os grans de millo,
Das súas grandes patas, como me río!
Retrouso
Polo Pepe non comas tanto,
Que te pos moi maliño
E non dás un salto.
Estrofa 4
O polo Pepe chama á súa mamá,
E vén cacarexando, que grande está!.
Retrouso
Polo Pepe non comas tanto,
Que te pos moi maliño
E non dás un salto.

Máis fontes 
Observacións
A canción foi creada a partir do conto “El pollo Pepe”, editado por SM.
Autores: Nick Denchefield & Ant Parker
Engadido por
Andrea Calviño Sande

Éste é o video que está ben, como non me deixa agregalo, adxunto este outro: https://www.youtube.com/watch?v=2rHNARR-Yps



Ningún comentario:

Publicar un comentario