Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 11 de novembro de 2013

Loboferoz



Título:
Lobo feroz
Autor/a:
Música e letra: Almudena Janeiro.
Janeiro, A. (2008) Contos e cantos [Libro, CD by DVD] Pontevedra: OQO.
Etiqueta:
Animais
Letra:
Introdución

Un lobiño fraco, un lobo chuchado, un lobo delgado anda esfameado

Estrofa 1

Cabra teño fame e  voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Dunha escornada que a cabra lle mandou con tres dentes rotos foi como quedou

Retrouso

Lobo… Lobo… Lobo… Lobo…

Estrofa 2

Burro, teño fame e voute comer con papas con arroz: Eu son loboferoz
Dunha boa couce que o burro lle arreou, riba dun carballo foi como quedou

Retrouso

Lobo…Lobo…Lobo…Lobo...

Estrofa 3:

Ovella, teño fame e voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Dunha mordedura que a ovella lle pegou, branco e machucado foi como quedou

Retrouso

Lobo… Lobo… Lobo… Lobo…

Estrofa 4:

Vaca, teño fame e voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Con toda a pachorra que a vaca o esmagou, feito un peringallo foi como quedou

Retrouso

Lobo… Lobo... Lobo… Lobo…

Estrofa 5:

Porco, teño fame e voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Dunha espantada que o porco argallou, todo esmendrellado foi como quedou

Retrouso

Lobo… Lobo… Lobo… Lobo…

Retrouso

Lobo… Lobo… Lobo… Lobo…

Loboferoz Auuu

Máis fontes

Observacións:
Esta canción foi creada por Almudena Janeiro a partir do conto “Loboferoz” da editorial OQO.
Autores do conto: Patacrúa & Chené Gómez. ISBN: 978-84-9871-326-8. Abril 2007.
Engadido por:
Lorena Iglesias Márquez



Ningún comentario:

Publicar un comentario