Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 11 de novembro de 2013

Cocorico

Título:
Cocorico
Autor/a:
Música e letra: Almudena Janeiro.
Janeiro, A. (2008) Contos e cantos [Libro, CD by DVD] Pontevedra: OQO.
Etiqueta:
Compartir, axudar, escoitar
Intérprete/s
Almudena Janeiro
Letra:
Introdución
Cocoricorico quere un biscoito
A mamá galiña faillo pro almorzo
Retrouso
Picotí, picotá, ai que rico Cocorico
Picotí picotá, ai que rico rico está (bis)
Estrofa 1
O gato pelado que tamén ten fame pensa no biscoito, quere a metade,
Marramiau marramiau marramiau miau miau miau (bis)
Cocoricorico come o doce enteiro
A mamá enfadada meteo nun pucheiro

Retrouso
Picotí, picotá....
Estrofa 2
O gato pelado co dente afiado
Cheira pola casa busca o seu bocado
Marramiau marramiau marramiau miau miau miau (bis)
Cocoricorico pega un esbirrazo e gato pelado marcha disparado
Retrouso
Picotí picotá ... x3
A canción está a contar a aventura de Cocorico, no día que quere axudar a súa nai a facer un biscoito, pero él non lle fai moito caso e ... aparece o gato.
Está composta por unha introdución e dúas estrofas nas que narra a historia de Cocorico, ademais de repetirse o retrouso en tres ocasións.
Máis fontes (opcional)
http://www.slideshare.net/exploradores4a/cocorico-conto(para que leades o conto na súa versión completa)
Observacións:
A autora creou a canción a partir do conto  “Cocorico”, un conto tradicional birmano,  editado por OQO. Autores:
Marisa Núñez & Helga Bansch 978-84-9871-157-8 Setembro 2013
Engadido por:
Cristina Quinteiro Núñez

Ningún comentario:

Publicar un comentario