Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

martes, 12 de novembro de 2013

O cuco

Título:
O Cuco
Autor/a:
Canción tradicional
Etiqueta:
Animais, primaveira, galego, tradicional
Letra:
Estribillo:
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón
1ª Estrofa:
Oise pola carballeira
Ó vello cuco souril
Ó nacer a primaveira
Antre o marzo i o abril.
Estribillo:
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón.
2ª Estrofa:
¡o vello cuco cucou
E moito máis cucará!
¡o cuco non me capou
E nunca me capará!
Estribillo:
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón.
3ª Estrofa:
Polas mañás ben cediño
O cuco canta: cu- cu.
¡como o teño por veciño
Eu trato o cuco de tu!
Estribillo:
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón.
Madrugón e cantareiro
Cantareiro e madrugón.
Máisfontes(opcional)
Observacións:
Non atopei o autor da canción pero quixen poñela porque é unha canción que recordo da miña infancia.
Engadido por:
Fátima Barcia Pérez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario