Título:
|
O Cuco
|
Autor/a:
|
Canción tradicional
|
Etiqueta:
|
Animais, primaveira, galego, tradicional
|
Letra:
|
Estribillo:
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro Cantareiro e madrugón
1ª Estrofa:
Oise pola carballeira
Ó vello cuco souril Ó nacer a primaveira Antre o marzo i o abril.
Estribillo:
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro Cantareiro e madrugón.
2ª Estrofa:
¡o vello cuco cucou
E moito máis cucará! ¡o cuco non me capou E nunca me capará!
Estribillo:
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro Cantareiro e madrugón.
3ª Estrofa:
Polas mañás ben cediño
O cuco canta: cu- cu. ¡como o teño por veciño Eu trato o cuco de tu!
Estribillo:
O cuco, cuco, cuqueiro
O cuco, cuco, cucón. Madrugón e cantareiro Cantareiro e madrugón. |
Máisfontes(opcional)
|
|
Observacións:
|
Non atopei o autor da canción pero quixen poñela porque é unha canción que recordo da miña infancia.
|
Engadido por:
|
Fátima Barcia Pérez.
|
Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.
Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz
________________________________________________________________________________________________________________________
martes, 12 de novembro de 2013
O cuco
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario