Título
|
Mariluz avestruz
|
Autor/a
|
Música e letra: Almudena Janeiro.
Janeiro, A. (2008) Contos e cantos [Libro,
CD y DVD] Pontevedra: OQO.
|
Intérprete/s
|
Almudena Janeiro
|
Etiqueta
|
Animais
|
Letra
|
Mariluz avestruz día e noite vai pola sabana.
Mostra a cola orgullosa. Non hai ave na terra africana que se sinta tan
fermosa. Ao ir a durmir segue a lucir o seu abano de plumas. Entérrase coma
os papás a cabeciña no chan.
Estribillo: Mariluz. Mariluz. Mariluz a avestruz
que non mira a luz. Mariluz a avestruz.
Un día na alborada tira que tira. Esta arnela
segue enterrada, nunca tal cousa se vira. Socorro di, sáquenme de aquí. Ten a
cabeza atrancada. Non pode máis, quere respirar e non pode berrar.
Estribillo: Mariluz. Mariluz. Mariluz a avestruz
que non mira a luz. Mariluz a avestruz.
A mamá que estaba tan traquila escoita e corre a
axudala. Veñen todos e tiran en fila. Xuntos van poder axudala.
De pronto a cabeza sae, abre contenta os olliños.
Qué amigos ten, o mellor quizais! Xa non lle importa o demais.
Estribillo: Mariluz. Mariluz. Mariluz a avestruz
que non mira a luz. Mariluz a avestruz.
|
Outras fontes
|
...
|
Observacións
|
A autora creou a canción a partir do conto “A
avestruz Mariluz”, editado por OQO. Autores: Rachel & Bernardo Carvalho.
|
Engadido por
|
Sara Pego Fernández
http://www.youtube.com/watch?v=ktLO8ZmWTCk |
Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.
Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz
________________________________________________________________________________________________________________________
luns, 11 de novembro de 2013
MARILUZ AVESTRUZ
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario