Título: | Chocolata |
Autor/a: | Música: Almudena Janeiro. |
Etiqueta: | animais |
Letra: |
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Eran as cinco da tarde, hora na que Chocolata se ía bañar mergullo de barro e auga Teófilo escoita unha noticia singular a casa de baños agarda a hipo a quere probar a cidade chega andando pero un traxe hay que mercar Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. proba calzons e pixamas saias de volantes e camisas de percal, sandalias e botas de punta, e uns tenis con luciñas que se acenden ao andar. despois de comprar tiña fame buscou un menu vexetal herba da sabana en salsa e auga disque "natural". Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Eran as cinco da tarde, a bañeira é moi pequena e o bikini prenatal. aínda lle falta unha cousa un conto que a Teófilo lle quere regalar e vai descansar nunha cama deitada empeza a soñar coa selva e a lagoa un soño espectacular. Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Eran as cinco da tarde, Teófilo escoita un rebumbio familiar parece que hay luz no camiño era Chocolata que acababa de chegar e cóntalles mil peripecias con mil gargalladas detrás e refréganse no barro o mellor baño mundial! Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. Cocholata, Cocholata, Cocholata, Cocho-Cocholá. Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá. |
Máis fontes (opcional) | |
Observacións: | A autora creou a canción a partir do conto "Chocolata", editado por OQO. Autoras: Marisa Núñez & Helga Bansch (ilustradora) ISBN:.9788496573949. 2006. Enderezo web: http://www.oqo.es/editora/es/content/chocolata |
Engadido por: | Shakty Lucía Sanmartín Sanmartín |
Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.
Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz
________________________________________________________________________________________________________________________
luns, 11 de novembro de 2013
CHOCOLATA
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario