Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________
Amosando publicacións coa etiqueta tradicional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradicional. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de decembro de 2013

Palmas Palmitas

Título:
Palmas Palmitas
Autor/a:
Canción Tradicional
Etiqueta:
Familia, sentimientos, tradicional, pequenos, mimos
Interprete:
Silvita Blanco
Letra:

Palmas, palmitas,
higos y castañitas,
azúcar y turrón 
para mi niño/a son.

Palmas, palmitas,
que viene papa
palmas palmitas 
que luego vendrá
Palmas, palmitas,
que viene papa
palmas palmitas 
que en casa ya está

Máis fontes (opcional)
Cantajuegos: http://www.youtube.com/watch?v=vl2i4iEcoAc
En este vídeo http://www.youtube.com/watch?v=nhxOcFgVocc aparece unha versión de Luis Pescetti na que utilizan esta canción pero dirixida aos máis maiores, con uns movementos que esixen máis coordinación e velocidade. 

Observacións:
Unha canción que a case todos nos cantaron e que tamén nos sempre cantamos aos máis pequenos. Con ela fomentamos a motricidade, a coordinación, a expresión de emocións e sobre todo o vínculo entre pai-fillo.
Engadido por:
Ángela García Suárez

domingo, 1 de decembro de 2013

Título
“A Rianxeira”
Autor/a
Letra: Xosé Frieiro Dourado “Pinciñas”Música: Anxo Romero Loxo
Etiqueta
Tradicional, Rianxo
Letra
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira.   
descalciña pola area
parece unha Rianxeira.

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo 

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe
quen a puxo moreniña
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña. 

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.
Máis fontes (opcional)
Observacións
A letra desta canción é máis que coñecida por todos.
No recadro de arriba esta remarcado en negriña a palabra “embarques” xa que é moi común ter escoitado cantala decindo “non te vaias rianxeira”. Aínda que está aceptado que se diga vaias a maneira correcta é embarques; pois a Guadalupe non marcha a ningún lado, senón que se embarca e por iso se marea.
No enlace de arriba está un pouco a historia da peza, asi como a primeira versión que se mandou dende Bos Aires.

Deixo esta canción no blog, pois en Rianxo todos os nenos e nenas a coñecen e saben a letra, polo que é moi fácil traballar con ela na aula.
Engadido por
Nerea Collazo Mosquera
Canción:


Un pouco de historia... :Reportaxe sobre a historia de " A Rianxeira" (moi recomendado)



sábado, 30 de novembro de 2013

Laterne, Laterne ("Faroliños, faroliños")


Título:
Laterne, Laterne
Autor/a:
Popular
Intérprete:
Descoñecido
Etiqueta:
Tradicional, festividades
Letra:
Refrán:
Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne
Brenne auf mein Licht, brenne auf mein Licht
Aber nur meine liebe Laterne nicht

Estrofa 1:
Meine Laterne ist so schön
Da kann man spazieren gehen
Durch die leeren Straβen,
Sich am Händchen fassen

Refrán:
Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne
Brenne auf mein Licht, brenne auf mein Licht
Aber nur meine liebe Laterne nicht

Estrofa 2:
Meine Laterne ist ganz bunt,
Heller Lichterglanz im Rund
Ringsherum ist’s dunkel,
Nur die Sternlein funkeln

Refrán:
Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne
Brenne auf mein Licht, brenne auf mein Licht
Aber nur meine liebe Laterne nicht

Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne
Brenne auf mein Licht, brenne auf mein Licht
Aber nur meine liebe Laterne nicht

Estrofa 3:
Das St. Martinsfest war schön
Jetzt ist Zeit nach Haus zu gehen
Leucht nochmal, Laterne
Hell so wie die Sterne


Refrán:
Laterne, Laterne, Sonne, Mond und Sterne
Brenne auf mein Licht, brenne auf mein Licht
Aber nur meine liebe Laterne nicht

Tradución:
Refrán:
Farois, farois, o sol, a lúa e as estrelas
Apaga a miña luz, apaga a miña luz,
Mais non o meu querido farol

Estrofa 1:
O meu farol é tan bonito
Pódese saír a pasear
Polas rúas baleiras
Collerse da man

(Refrán)

Estrofa 2:
O meu farol ten moitas cores
Un brillo claro ao redor
Fóra está escuro
Só as estreliñas brillan

(Refrán)

Estrofa 3:
A festa de San Martiño foi fermosa
Agora é hora de ir para a casa
Aluma de novo, faroliño,
Tan claro coma as estrelas

Observacións:
Esta canción infantil en alemán é cantada pola festividade de San Martiño (11 de novembro). Este día ten unha gran tradición festiva en Alemaña, sobre todo para as e os máis pequenos. Nos lugares onde máis se celebra (por exemplo, as cidades de Düsseldorf, Duisburg…), até se fan desfiles pola rúa con bandas, unha persoa disfrazada de San Martiño, veciñas e veciños… Se non, o normal en todo o país é que os nenos vaian pola rúa acompañados de familiares, cantando esta e outras pezas adicadas a este día e portando faroliños de cartolina e papel. É típico que fagan na escola os seus propios faroliños, así como que as nais e os pais acudan ás aulas para axudar nesta tarefa. Tamén adoitan repostear nas escolas un doce típico desta festividade: O Weckmann ou St. Martins gebäck (“Doce de San Martiño”. Pódese ver unha imaxe nesta web: http://www.kuchenkult.de/st-martin-kuchen-ganz-anders/).
Nalgúns lugares, así mesmo, os meniños van ese día polas casas cos seus farois para pedir galanos. Ademais de en Alemaña, a festividade celébrase dun xeito moi parecido en Austria, Suíza (cantón xermanófono) ou os Países Baixos. Dise que estes festexos poderían ser os precursores da maneira de conmemorar Halloween nos países de fala inglesa.
Ao parecer, a tradición de ir cos faroliños pola rúa remóntase á Idade Media, cando para festexar o día de San Martiño se encendían fogueiras. A xente, entón, prendía cadanseu facho para volver ás casas.

Máis fontes:
Vídeos de desfiles en dúas cidades:

Colonia:

Duisburg:

Engadido por:
Alba García Pico


venres, 15 de novembro de 2013

Tengo una vaca lechera.


Título
Tengo una vaca lechera
Autor/a
Fernando García Morcillo
Intérprete/s
Grupo encanto
Etiqueta
Animales, canción popular
Letra


Tengo una vaca lechera,
no es una vaca cualquiera,
me da leche merengada,
ay! Que vaca tan salada,
Tolón tolón, tolón tolón.

Un cencerro le he comprado
y a mi vaca le ha gustado
se pase por el prado
mata moscas con el rabo
Tolón tolón, tolón tolón.

Que felices viviremos
cuando vuelvas a mi lado
con sus quesos, con tus besos
los tres juntos ¡que ilusión!

Máis fontes (opcional)


Observacións
Esta canción recórdame a miña infancia e sobre todo ao meu colexio.
Ademáis podemos xogar con esta canción a non decir alguna das palabras, por exemplo vaca, tolón tolón. Así os nenos terán que intentar facer o xesto sen decir a palabra.
Engadido por
Noelia García suárez




Antón pirulero


Título:
Antón pirulero.
Autor/a:
Sin autor conocido, canción tradicional.
Etiqueta:
Tradicional, juego de prendas.
Letra:
Antón, Antón,
Antón Pirulero,
cada cual, cada cual
que atienda su juego,
y el que no lo atienda,
pagará una prenda.
Máis fontes (opcional)


Observacións:
He elegido esta canción, ya que es una canción la cual me transmite buenos recuerdos infantiles, la cual cantaba con mis compañeros del parvulario.
Finalmente, destacar que esta canción se utilizaba como juego de pagar prendas.
Engadido por:
Marta Docampo Casais.
http://www.youtube.com/watch?v=z5oX6VLizYk