Título:
|
Corre corre, cabaciña.
|
Autor/a:
|
Canción popular.
|
Etiqueta:
|
Samaín, animais.
|
Letra:
|
Era unha
velliña que foi convidada a voda dunha neta, xa estou preparada e topou cun
lobo, quérote papar non me comas lobo teño que engordar.
Non vin
vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre
cabaciña, corre corre cabazón.
O lobo que
bobo dixo aquí te espero e a velliña andou andou andou polo carreiro e topou
cun oso, quérote papar, non me comas oso, teño que engordar.
Non vin
vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre
cabaciña, corre corre cabazón.
O oso
orgulloso dixo aquí te espero e a velliña andou andou andou polo carreiro e
topou cun león, quérote papar, non me comas non, teño que engordar.
Non vin
vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre
cabaciña, corre corre cabazón.
O león
lambón dixo aquí te espero e a velliña andou e andou cedo polo carreiro o día
seguinte voda e xantar a festa rachada vai comezar.
Non vin
vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre
cabaciña, corre corre cabazón.
A noiva que
lista foi correndo a horta e a cabaza grande abriulle unha porta, a avoa que
lista votouse a rodar e os tres famentos conseguiu burlar.
Non vin
vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre
cabaciña, corre corre cabazón.
Non vin
vella nin velliña nin velliña nin vellón.
corre corre
cabaciña, corre corre cabazón.
|
Máis fontes (opcional)
|
http://www.youtube.com/watch?v=zGMzrIjixUE
|
Observacións:
|
A autora creou a canción a partir do conto “Corre
corre, cabaciña”, editado por OQO. Autores:
Eva
Mejuto & André Letria ISBN: 84-96573-65-6. setembro 2006. Enderezo
web: http://www.oqo.es/editora/es/node/75
|
Engadido por:
|
Verónica Ronquete Rodríguez
|
Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.
Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz
________________________________________________________________________________________________________________________
luns, 11 de novembro de 2013
Corre corre, cabaciña
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario