Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

luns, 11 de novembro de 2013

MARILUZ AVESTRUZ



Título
Mariluz avestruz
Autor/a
Música e letra: Almudena Janeiro.
Janeiro, A. (2008) Contos e cantos [Libro, CD y DVD] Pontevedra: OQO.
Intérprete/s
Almudena Janeiro
Etiqueta
Animais
Letra
Mariluz avestruz día e noite vai pola sabana. Mostra a cola orgullosa. Non hai ave na terra africana que se sinta tan fermosa. Ao ir a durmir segue a lucir o seu abano de plumas. Entérrase coma os papás a cabeciña no chan.
Estribillo: Mariluz. Mariluz. Mariluz a avestruz que non mira a luz. Mariluz a avestruz.
Un día na alborada tira que tira. Esta arnela segue enterrada, nunca tal cousa se vira. Socorro di, sáquenme de aquí. Ten a cabeza atrancada. Non pode máis, quere respirar e non pode berrar.
Estribillo: Mariluz. Mariluz. Mariluz a avestruz que non mira a luz. Mariluz a avestruz.
A mamá que estaba tan traquila escoita e corre a axudala. Veñen todos e tiran en fila. Xuntos van poder axudala.
De pronto a cabeza sae, abre contenta os olliños. Qué amigos ten, o mellor quizais! Xa non lle importa o demais.
Estribillo: Mariluz. Mariluz. Mariluz a avestruz que non mira a luz. Mariluz a avestruz.
Outras fontes
...
Observacións
A autora creou a canción a partir do conto “A avestruz Mariluz”, editado por OQO. Autores: Rachel & Bernardo Carvalho.
Engadido por
Sara Pego Fernández
http://www.youtube.com/watch?v=ktLO8ZmWTCk


Corre corre, cabaciña


Título:
Corre corre, cabaciña.
Autor/a:
Canción popular.
Etiqueta:
Samaín, animais.













Letra:

Era unha velliña que foi convidada a voda dunha neta, xa estou preparada e topou cun lobo, quérote papar non me comas lobo teño que engordar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

O lobo que bobo dixo aquí te espero e a velliña andou andou andou polo carreiro e topou cun oso, quérote papar, non me comas oso, teño que engordar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

O oso orgulloso dixo aquí te espero e a velliña andou andou andou polo carreiro e topou cun león, quérote papar, non me comas non, teño que engordar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

O león lambón dixo aquí te espero e a velliña andou e andou cedo polo carreiro o día seguinte voda e xantar a festa rachada vai comezar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

A noiva que lista foi correndo a horta e a cabaza grande abriulle unha porta, a avoa que lista votouse a rodar e os tres famentos conseguiu burlar.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.

Non vin vella nin velliña nin velliña nin vellón.
corre corre cabaciña, corre corre cabazón.
Máis fontes (opcional)
http://www.youtube.com/watch?v=zGMzrIjixUE
Observacións:
A autora creou a canción a partir do conto “Corre corre, cabaciña”, editado por OQO. Autores:
Eva Mejuto & André Letria ISBN: 84-96573-65-6. setembro 2006. Enderezo web: http://www.oqo.es/editora/es/node/75
Engadido por:
Verónica Ronquete Rodríguez



El reino del revés


Título
El reino del revés
Autor/a
Música y letra: María Elena Walsh
Walsh, Mª E (2001). El reino del revés. Madrid: Alfaguara
Intérprete/s
María Elena Walsh
Etiqueta
Fantasía, imaginación
Letra
Estrofa 1
Me dijeron que en el Reino del Revés
nadie baila con los pies,
que un ladrón es vigilante y otro es juez
y que dos y dos son tres.
Estribillo
Vamos a ver cómo es
el Reino del Revés.
Estrofa 2
Me dijeron que en el Reino del Revés
cabe un oso en una nuez,
que usan barbas y bigotes los bebés
y que un año dura un mes.
Estribillo
Vamos a ver cómo es
el Reino del Revés.
Estrofa 3
Me dijeron que en el Reino del Revés
hay un perro pekinés
que se cae para arriba y una vez
no pudo bajar después.
Estribillo
Vamos a ver cómo es
el Reino del Revés.
Estrofa 4
Me dijeron que en el Reino del Revés
un señor llamado Andrés
tiene 1.530 chimpancés
que si miras no los ves.
Estribillo
Vamos a ver cómo es
el Reino del Revés.
Estrofa 5
Me dijeron que en el Reino del Revés
una araña y un ciempiés
van montados al palacio del marqués
en caballos de ajedrez.
Estribillo
Vamos a ver cómo es
el Reino del Revés.
Vamos a ver cómo es
el Reino del Revés.
Más fuentes

Observaciones
María Elena Walsh recita y canta sus versos, además de denunciar cuestiones sociales.
 Fue nombrada Ciudadana Ilustre de la Ciudad de Buenos Aires (1985) y Doctor Honoris Causa de la Universidad Nacional de Córdoba (1990).
En 2000 recibió el Gran Premio de Honor de la SADE.
Engadido por
Patricia Rodríguez Estévez

Loboferoz



Título:
Lobo feroz
Autor/a:
Música e letra: Almudena Janeiro.
Janeiro, A. (2008) Contos e cantos [Libro, CD by DVD] Pontevedra: OQO.
Etiqueta:
Animais
Letra:
Introdución

Un lobiño fraco, un lobo chuchado, un lobo delgado anda esfameado

Estrofa 1

Cabra teño fame e  voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Dunha escornada que a cabra lle mandou con tres dentes rotos foi como quedou

Retrouso

Lobo… Lobo… Lobo… Lobo…

Estrofa 2

Burro, teño fame e voute comer con papas con arroz: Eu son loboferoz
Dunha boa couce que o burro lle arreou, riba dun carballo foi como quedou

Retrouso

Lobo…Lobo…Lobo…Lobo...

Estrofa 3:

Ovella, teño fame e voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Dunha mordedura que a ovella lle pegou, branco e machucado foi como quedou

Retrouso

Lobo… Lobo… Lobo… Lobo…

Estrofa 4:

Vaca, teño fame e voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Con toda a pachorra que a vaca o esmagou, feito un peringallo foi como quedou

Retrouso

Lobo… Lobo... Lobo… Lobo…

Estrofa 5:

Porco, teño fame e voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Dunha espantada que o porco argallou, todo esmendrellado foi como quedou

Retrouso

Lobo… Lobo… Lobo… Lobo…

Retrouso

Lobo… Lobo… Lobo… Lobo…

Loboferoz Auuu

Máis fontes

Observacións:
Esta canción foi creada por Almudena Janeiro a partir do conto “Loboferoz” da editorial OQO.
Autores do conto: Patacrúa & Chené Gómez. ISBN: 978-84-9871-326-8. Abril 2007.
Engadido por:
Lorena Iglesias Márquez



CHOCOLATA


Título: Chocolata
Autor/a: Música: Almudena Janeiro.
Etiqueta: animais
Letra: Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.


Eran as cinco da tarde,
hora na que Chocolata se ía bañar
mergullo de barro e auga
Teófilo escoita unha noticia singular
a casa de baños agarda
a hipo a quere probar
a cidade chega andando
pero un traxe hay que mercar


Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.


proba calzons e pixamas
saias de volantes e camisas de percal,
sandalias e botas de punta,
e uns tenis con luciñas
que se acenden ao andar.
despois de comprar tiña fame
buscou un menu vexetal
herba da sabana en salsa
e auga disque "natural".


Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.


Eran as cinco da tarde,
a bañeira é moi pequena
e o bikini prenatal.
aínda lle falta unha cousa
un conto que a Teófilo lle quere regalar
e vai descansar nunha cama
deitada empeza a soñar
coa selva e a lagoa
un soño espectacular.


Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.


Eran as cinco da tarde,
Teófilo escoita un rebumbio familiar
parece que hay luz no camiño
era Chocolata que acababa de chegar
e cóntalles mil peripecias
con mil gargalladas detrás
e refréganse no barro
o mellor baño mundial!


Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Cocholata, Cocholata, Cocholata, Cocho-Cocholá.
Chocolata, Chocolata, Chocolata, Choco-chocolá.
Máis fontes (opcional)  
Observacións: A autora creou a canción a partir do conto "Chocolata", editado por OQO. Autoras: Marisa Núñez & Helga Bansch (ilustradora)
ISBN:.9788496573949. 2006. Enderezo web: http://www.oqo.es/editora/es/content/chocolata
Engadido por: Shakty Lucía Sanmartín Sanmartín

 

Un globo,dos globos,tres globos.


Título:
Un globo,dos globos,tres globos
Autor/a:
Autora: Gloria Fuertes
Etiqueta:
Números,globo,
Intérprete/s
Desconocido
Letra:
Un globo, dos globos, tres globos,
la luna es un globo que se me escapó,
un globo, dos globos, tres globos,
la tierra es el globo donde vivo yo.
Un globo, dos globos, tres globos,
los niños tenemos en televisión,
un cuento, dos cuentos, tres cuentos,
en unos momentos de gran diversión.
La larala larala larala la la larala larala la la
la larala larala larala la la larala larala la la
Un globo, dos globos, tres globos,
la luna es un globo que se me escapó,
un globo, dos globos, tres globos,
la tierra es el globo donde vivo yo.
La larala larala larala la la larala larala la la
la larala larala larala la la larala larala la la

Un globo,dos globos, tres globos...
Un globo,dos globos, tres globos...
Un globo,dos globos, tres globos...
...
Máis fontes (opcional)
http://www.inmaculadabalsells.com/assets/03_un_globo_dos_globos_
tres_globos_tonalidad_la_infantil_castellano.pdf
Observacións:
A autora creou a canción como sintonía do programa que levaba ese
 mesmo nome,presentado por María Luisa Seco. Aínda que ten moitos 
anos,é unha canción ca que crecín,e gustaríame que os nenos de hoxe 
tamén a coñezan.
Engadido por:
Tania Pereira Amorín