Título
|
“A
Rianxeira”
|
Autor/a
|
Letra: Xosé Frieiro Dourado “Pinciñas”Música: Anxo Romero Loxo |
Etiqueta
|
Tradicional, Rianxo
|
Letra
|
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira. descalciña pola area parece unha Rianxeira.
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van non te embarques rianxeira que te vas a marear. A Virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo a barquiña que a trouxo era de pao de laranxo
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van non te embarques rianxeira que te vas a marear.
A Virxe de Guadalupe
quen a puxo moreniña foi un raiño de sol que entrou pola ventaniña.
Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van non te embarques rianxeira que te vas a marear. |
Máis fontes (opcional)
|
|
Observacións
|
A letra desta canción é
máis que coñecida por todos.
No recadro de arriba
esta remarcado en negriña a palabra “embarques” xa que é moi común ter escoitado
cantala decindo “non te vaias rianxeira”. Aínda que está aceptado que se diga vaias a maneira correcta é embarques; pois a Guadalupe
non marcha a ningún lado, senón que se embarca e por iso se marea.
No enlace de arriba está un pouco a historia da peza, asi como a
primeira versión que se mandou dende Bos Aires.
Deixo esta canción
no blog, pois en Rianxo todos os nenos e nenas a coñecen e saben a letra, polo
que é moi fácil traballar con ela na aula.
|
Engadido por
|
Nerea Collazo Mosquera
|
Canción:
Un pouco de historia... :Reportaxe sobre a historia de " A Rianxeira" (moi recomendado)
|
Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.
Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz
________________________________________________________________________________________________________________________
domingo, 1 de decembro de 2013
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario