Este Blogue é unha actividade da materia "Música na Educación Infantil" 2013-14 da titulación de Grao en Mestre/a na Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
O propósito é crear, entre todos, un banco con cancións axeitadas á etapa de educación infantil, analizalas e compartilas ao mesmo tempo que se manexan as TIC.

Os Profesores da materia: Cecilia Portela e Martín Leránoz

________________________________________________________________________________________________________________________

domingo, 1 de decembro de 2013

Título
“A Rianxeira”
Autor/a
Letra: Xosé Frieiro Dourado “Pinciñas”Música: Anxo Romero Loxo
Etiqueta
Tradicional, Rianxo
Letra
A Virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira.   
descalciña pola area
parece unha Rianxeira.

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo
a barquiña que a trouxo
era de pao de laranxo 

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.

A Virxe de Guadalupe
quen a puxo moreniña
foi un raiño de sol
que entrou pola ventaniña. 

Ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.
Máis fontes (opcional)
Observacións
A letra desta canción é máis que coñecida por todos.
No recadro de arriba esta remarcado en negriña a palabra “embarques” xa que é moi común ter escoitado cantala decindo “non te vaias rianxeira”. Aínda que está aceptado que se diga vaias a maneira correcta é embarques; pois a Guadalupe non marcha a ningún lado, senón que se embarca e por iso se marea.
No enlace de arriba está un pouco a historia da peza, asi como a primeira versión que se mandou dende Bos Aires.

Deixo esta canción no blog, pois en Rianxo todos os nenos e nenas a coñecen e saben a letra, polo que é moi fácil traballar con ela na aula.
Engadido por
Nerea Collazo Mosquera
Canción:


Un pouco de historia... :Reportaxe sobre a historia de " A Rianxeira" (moi recomendado)



Ningún comentario:

Publicar un comentario