Título:
|
Lobo feroz
|
Autor/a:
|
Música e letra:
Almudena Janeiro.
Janeiro, A. (2008) Contos
e cantos [Libro, CD by DVD] Pontevedra: OQO.
|
Etiqueta:
|
Animais
|
Letra:
|
Introdución
Un lobiño fraco,
un lobo chuchado, un lobo delgado anda esfameado
Estrofa
1
Cabra teño fame e
voute comer con papas con arroz: Eu son
Loboferoz
Dunha escornada que
a cabra lle mandou con tres dentes rotos foi como quedou
Retrouso
Lobo… Lobo… Lobo…
Lobo…
Estrofa
2
Burro, teño fame e
voute comer con papas con arroz: Eu son loboferoz
Dunha boa couce
que o burro lle arreou, riba dun carballo foi como quedou
Retrouso
Lobo…Lobo…Lobo…Lobo...
Estrofa
3:
Ovella, teño fame
e voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Dunha mordedura
que a ovella lle pegou, branco e machucado foi como quedou
Retrouso
Lobo… Lobo… Lobo…
Lobo…
Estrofa
4:
Vaca, teño fame e
voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Con toda a
pachorra que a vaca o esmagou, feito un peringallo foi como quedou
Retrouso
Lobo… Lobo...
Lobo… Lobo…
Estrofa
5:
Porco, teño fame
e voute comer con papas con arroz: Eu son Loboferoz
Dunha espantada
que o porco argallou, todo esmendrellado foi como quedou
Retrouso
Lobo… Lobo… Lobo…
Lobo…
Retrouso
Lobo… Lobo… Lobo…
Lobo…
Loboferoz Auuu
|
Máis fontes
|
|
Observacións:
|
Esta canción foi
creada por Almudena Janeiro a partir do conto “Loboferoz” da editorial OQO.
Autores do conto: Patacrúa &
Chené Gómez. ISBN: 978-84-9871-326-8. Abril 2007.
|
Engadido por:
|
Lorena Iglesias Márquez
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario