martes, 12 de novembro de 2013

Debaixo da Figueira

Título
Debaixo da Figueira
Autor/a
Tradicional
Intérprete/s
Migallas ( María Campos e Carlos Yus)
Etiqueta
Tradicional, galego








Letra
Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego tocando a zanfona (x2)

Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego tocando a zanfona

Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego cunha gorra vella tocando a zanfona

Debaixo da figueira da tía xoldeirona hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras tocando a zanfona

Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca tocando a zanfona

Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca, cunha capa grande tocando a zanfona

Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca, cunha capa grande, cunhas botas rotas tocando a zanfona

Debaixo da figueira da tía Xoldeirona hai un pobre cego cunha gorra vella, cunhas lentes negras, cunha barba branca, cunha capa grande, cunhas botas rotas, cunha vara longa tocando a zanfona.



Máis fontes (opcional)
Observacións
Esta canción podémola atopar en: Asociación de gaiteiros galegos. (2007). Pelo gato 24 (cd+dvd+libro). A Coruña: Asociación de Gaiteiros Galegos e Xunta de Galicia.
Con esta canción case sen darnos conta podemos traballar a memoria, a coordinación; ademais de desfrutar realizando a coreografía.

Engadido por
Fátima Lijó Romay

Ningún comentario:

Publicar un comentario